06 noviembre, 2009

Primeira sentenza favorable á conservación do PARQUE ROSALÍA de LUGO

Miradoiro e Pérgola do Parque Rosalía de Lugo.
Foto da "Asociación pola defensa do Parque Rosalía"


RECIBIDO DA
"ASOCIACIÓN POLA DEFENSA
DO PARQUE ROSALÍA"

O noso Presidente recibíu o seguinte comunicado da "Asociación pola Defensa do Parque Rosalía", que moi gustosamente facemos público, para coñecemento de todolos socios e público en xeral. As grazas son para a Asociación que tan valentemente loitó na defensa de tan preciado ben.


Desde a Asociación pola defensa do Parque Rosalía, queremos darvos as grazas polo voso apoio que nos permitiu que o pasado mes de setembro, recibísemos a mellor das noticias desde que, fai máis de tres anos e medio, empezamos a nosa actividade para evitar o que case todos sabiamos que era un despropósito e un dos maiores erros urbanísticos que se podían cometer en Lugo.

É para todos unha inmensa alegría podervos enviar copia da sentenza emitida polo Xulgado do Contencioso de Lugo, na que se anula o proxecto de urbanización da unidade de actuación CS-5 (Costas do Parque). Recordarvos que este polémico proxecto está tamén pendente de resolución doutro contencioso, presentado o pasado ano pola Consellería de Cultura.
Nesta actuación contabamos con diversos argumentos para crer que o noso traballo ía en boa dirección, xa que resultaban contrarios ao proxecto o informe emitido pola Consellería de Cultura, o informe da Comisión de Patrimonio, o informe emitido polo perito xudicial, o informe da asesoría xurídica da Xunta, así como o Ministerio de Fomento que tamén indicaba a existencia de perímetros de protección que non foran respectados. A estes informes tamén nos gustaría engadir o sentido común, que non sempre está presente, pero é esta sentenza a que finalmente pon de manifesto a ilegalidade do proxecto.

Agradecervos como sempre a vosa colaboración e o apoio que en todo este tempo expresastes moitas persoas e colectivos que nos destes a seguridade de que, o sentir da maioría de quen vivindo ou non en Lugo, era o de que este proxecto non debía seguir adiante nin tan sequera chegar a este punto.
Este proceso aínda non concluíu e en breve producirase unha nova reunión para intentar chegar a un acordo co promotor, pero con independencia do resultado da mesma, estamos seguros de que entre todos, lograremos conservar un dos lugares máis emblemáticos que ten Lugo e desde o que sempre seguiremos mirando ao Miño.

GRAZAS, un saúdo

Asociación pola defensa do Parque Rosalía

www.parquerosalia.es

+ de 12.500 firmas
A sentenza na prensa: na VOZ DE GALICIA e no PROGRESO

05 noviembre, 2009

Publicado no Especial San Froilán, de El Progreso, o día 6-10-1991


NARRATIVA DE LAREIRA
Por
Xosé María Gómez Vilabella


O Concello de Lugo, concretamente a súa Concellería de Cultura e Turismo, acaba de editar unha antoloxía dalgúns escritores que escribiron sobre as feiras / festas de San Froilán; recollido e presentado polos profesores J. Luís Calvo e Yago Rodríguez Yáñez. Nas páxinas 85 / 86 sae o artigo Narrativa de Lareira, que fora publicado no Especial San Froilán, de El Progreso, o día 6-10-1991 polo noso colaborador.


Face-las mallas era o pecho, o precinto, rotativo, anual, dos afáns labregos. ¿Foi, ou non foi, un bo ano? Esta era a reflexión do paisano, ¡cando o paisano non se desvelaba polo prezo do leite senón pola tulla do pan: centeo, trigo, aveas…! Agora veu a especialización, e quedámonos sen calendas, sen estacións agrícolas.

O San Froilán sempre foi a festa estacional, a da colleita; festa culmen e lúdica. ¿Grazas a Deus que chegamos ata aquí…, e coa malla feita! Leva-la besta, a besta ou a poldra, o mular, o que houbese aquel ano, que non se vendera en Adai, no famoso Trece de setembro… ¡Non se venderan adrede, no cen por cen dos casos, porque nos quedabamos sen pretextos para convence-la muller, a Filomena de cada quen, de que había que ir aló, chovese ou fixese sol, ao San Froilán, para vender ese animal, esa res…; e de paso proverse dos aveños outonais, as loras, as aguilladas, as ferramentas de corte…!

Para os rapaces novos, ou medio novos, se cadra estou falando en chinés; pero será galego, bo galego, galego auténtico, familiar, fogareño, se lles lembro que a volta do San Froilán era celebrada na lareira, a carón das chispeantes estelas de carballo, pelando pataquiñas das novas e quitándolle espiñas ao bacallau que trouxeran de Lugo os avós de cada casa, ¡que para daquela –todo hai que dicilo- os touciños, despois das talladas consumidas polos malladores, xa lle quedaban altos á avoíña, nin subíndose ao mesote!

Coa volta á lareira, os contos. Ante todo, as peripecias do San Froilán: a xente vista e non vista co aquel da aglomeración, o Barrigaverde, o Tragaestopas ardendo, os cochiños eléctricos nos que tanto e tantos aprendemos a turrarnos cos outros choferes… Despois diso, esgotados os temas capitalinos, e coas primeiras chuvias outonías, entre sementeira e paraugas, viñan as tertulias, as narracións, os contos.
¡Canto aprendemos con aqueles contos dos avós, diante daqueles televexos chispeantes, creativos, das brasas! ¿Gramática parda? ¡Desa tamén, pois a vida do home é un cóctel de virtudes e de picardías, de verdades e de fantasías; de contos de lareira, en definitiva! ¿Morreu todo aquilo? ¡Non; non morreu, pero evolucionou! Nalgún aspecto, a peor, porque agora as historias xa non as conta o avó, que era pícaro e ocorrente, como bo galego, pero quería facer de nós boas persoas, persoas íntegras, virtuosas, traballadoras, estudosas; ¡persoas de xeito e de palabra, nunha palabra!

Agora as historias, as consignas, as lavativas cerebrais, cóntanolas a sociedade de consumo…, ¡e non é doado, nin permanente, estar vacinado contra o consumismo, o desenfreo, as fantasías importadas, que foron, que son, narradas, ás veces, por xente doutros intereses, doutras crenzas, doutros estilos de vida!

Polo San Froilán tamén arrea duro a Escola, que entrou en quente no setembro. ¡Deu-los ampare, que ser Mestres, agora que os avós se van a Benidorm en lugar de contarlles contos aos nenos, miúda responsabilidade a que lles toca a eles, aos profesores, ensinar á vez do divino e do humano, da ciencia e mais do arte, da gramática parda e da outra!


01 noviembre, 2009

CONVOCATORIA Á ASEMBLEA DA XUNTA XERAL ORDINARIA DA ASOCIACIÓN “AMIGOS DO PATRIMONIODE CASTROVERDE”

Convócanse ás socias e aos socios, á Asemblea que terá lugar o:
Día: 14 de novembro de 2009
Hora: Ás 17:00 horas, e ás 17:30 horas en primeira e segunda
Convocatoria.
Lugar: No salón de Actos da Casa do Concello, Praza do Concello.

Orde do día
:
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anteior.
2.- Informe do presidente:
a) Actividades realizadas no que vai do ano 2009.
b) Informe do estado de contas.
3.- Proposta de actividades e Orzamento, ano 2010.
4.- Renovación da Xunta Directiva, segundo rezan os
Estatutos da Asociación, Capítulo III, artigo 12º.
5.- Rogos e preguntas.

Asdo.: José Yáñez Basanta Asdo.: Manuel Muñiz Besteiro

Secretario e Presidente
En Lugo – Castro Verde, na última semana de outubro de 2009
_____________________________________________

DELEGACIÓN DE VOTO para a Asemblea Ordinaria (14-11-2009)
da asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde:


Eu, ......................................................................con D.N.I.,
e con enderezo en:

Delego o meu voto en:
Asdo.:
En, .................a ..........de .......................2009

ROTEIRO, SÁBADO, 14 DE NOVEMBRO



POLA VÍA XIX:
DESDE ARXIMIL OU ADAI ATA TÓRDEA


PERCORRIDO DUNS 10 KM.
Dificultade baixa.


Ás 9:30h. Saída de Castroverde

Ás 10:00 h. En Adai.
Percorrido: Adai, Capela das Virtudes, Campelo, Fonteita, Chavín, Arrubial, Tórdea.
Arredor das 14:00h. Xantar

Agradecemos que nolo comuniquedes antes do ,mércores, día 11 de novembro.

Saúde e Terra.
Manolo Muñiz


Pola tarde:
ASEMBLEA DA XUNTA XERAL ORDINARIA DA ASOCIACIÓN
“AMIGOS DO PATRIMONIODE CASTROVERDE”
Convócanse ás socias e aos socios, á Asemblea que terá lugar o: Día: 14 de novembro de 2009 Hora:
Ás 17:00 horas, e ás 17:30 horas en primeira e segunda
Convocatoria.
Lugar: No salón de Actos da Casa do Concello,
Praza do Concello.

PROXIMAS ACTIVIDADES DA A.C. ARUMES DO CORGO


Estimado socio/a:

Enviámoslle esta carta para comunicarlle as actividades que a A.C. Arumes do Corgo ten previstas ata finais de ano co fin de que participe e anime (naquelas actividades abertas) a todos os seus coñecidos.

EXCURSIÓN A ALLARIZ-CELANOVA (SÁBADO, 7 DE NOVEMBRO DE 2009) Saída ás 7:45 h en fronte do IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes (antigo feminino) e ás 8:00 h en fronte do Centro Sociocultural do Corgo. Visita guiada ao mosteiro de Celanova, paseo pola vila e xantar en Allariz, onde poderedes gozar da Feira de Outono e dos numerosos museos da vila ourensá. Prevese o regreso arredor das 22:00 h. O xantar inclúe pinchos de primeiro (empanada, tortilla...), carne (tenreira estofada con guarnición) ou peixe (salmón á plancha) a elixir de segundo, postre, viño da casa e café. Os socios só teñen que pagar 16 € (visita guiada e xantar), mentres que os non socios terán que pagar a maiores o equivalente da cota anual, é dicir, 10 € (ou facerse socios). Existen 55 prazas que se cubrirán por orde de chegada tendo preferencia os socios ante os que non o sexan. AQUELES INTERESADOS EN PARTICIPAR TEÑEN QUE CHAMAR ANTES DO MARTES, 3 DE NOVEMBRO, PARA RESERVAR PRAZA E ELIXIR O 2º PRATO (CARNE OU PEIXE).

VISITA GUIADA Á EXPOSICIÓN “OS PINTORES DE ARTAL. PINTURA ESPAÑOLA DO MUSEO DA HABANA” (MÉRCORES, 25 DE NOVEMBRO DE 2009)
Visita guiada da exposición pictórica na Fundación Caixa Galicia (no fondo da Praza Maior de Lugo). Punto de encontro, en fronte da porta principal ás 20:00 h. Duración aproximada, 40 min.

EXCURSIÓN Á RIBEIRA SACRA, KM 0 (MARTES, 1 DE DECEMBRO DE 2009) Saída ás 9:15 h en fronte do Centro Sociocultural do Corgo. Visita ao Pazo de San Marcos (recepción no salón de actos da Deputación), obradoiro no Centro de Artesanía e Deseño e excursión pola Ribeira Sacra (adega, pequena ruta de sendeirismo...) onde realizaremos o xantar. Chegada aproximada ás 20:30 h. Existen 48 prazas que se cubrirán por orde de chegada tendo preferencia os socios ante os que non o sexan. AQUELES INTERESADOS EN PARTICIPAR TEÑEN QUE CHAMAR ANTES DO MARTES, 24 DE NOVEMBRO, PARA RESERVAR PRAZA.

CLUB DE LECTURA
Dado o gran éxito do Club de lectura do primeiro semestre, a A.C. Arumes do Corgo enfronta con gran ilusión esta segunda edición. O libro escollido é “Cando petan na porta pola noite” de Xabier P. Docampo (Premio Nacional de Literatura Infantil). Se está interesado en participar póñase en contacto coa Asociación co fin de adquirir o libro ou empregar o servizo de préstamo da Asociación. O encontro co autor será o sábado, 12 de decembro de 2009 ás 19:00 h, no Centro Sociocultural do Corgo, co fin de que preguntedes ao autor todo o que vos pareza interesante tanto do libro, como da enorme obra literaria como da súa vida como literato.

HOMENAXE AOS PROFESORES REPRESALIADOS POLO FRANQUISMO. PRESENTACIÓN DO LIBRO “EL MAESTRO DE ZAÍN” DE DOLORES SEIJAS SOTO (SÁBADO, 19 DE
DECEMBRO DE 2009)
Os mestres de primaria e os profesores de secundaria xogaron sempre un papel moi importante como transmisores dos idearios da igualdade, da solidariedade, da paz… como engrenaxes vitais das nosas vidas. Dende a A.C. Arumes do Corgo parécenos moi importante o lavado da imaxe de moitos dos profesores que se opuxeron ao réxime e que se viron represaliados despois da Guerra Civil Española. Nese contexto, faremos a presentación de “El maestro de Zaín”, homenaxe a unha das figuras máis importantes do magisterio lucense, Luis Soto Menor, que sufríu nas súas carnes a vinganza da posguerra. O acto de recuperación da memoria histórica e a presentación do libro levaranse a cabo no Centro Sociocultural do Corgo, ás 19:00 h.

III CERTAME LITERARIO “TERRAS DE CHAMOSO”
Como xa sabedes (enviamos hai uns meses as bases do certame por correo), o venres, 27 de novembro de 2009, remata o prazo para entregar as obras ao III Certame literario “Terras de Chamoso” en calquera das súas categorías (infantil, xuvenil e adultos) e modalidades (poesía e relato curto). A partires dese momento os membros do xurado terán a difícil tarefa de escoller os premiados de entre unha agardada alta participación. O Certame Literario concluirá co acto de entrega de premios que será o sábado, 26 de decembro de 2009, ás 21:00 h no Centro Sociocultural do Corgo. Nel entregaranse os premios aos gañadores, haberá un recital poético e moitas, moitas sorpresas ao longo da noite. Contamos coa túa presenza!!!

Reciba unha forte aperta:
A XUNTA DIRECTIVA


31 octubre, 2009

I Encontro de Dinamizadores do Mundo Rural

(Fotografía de LARA MANZANO)

Estimad@s compañeir@s:

A Universidade Rural Galega

invítavos a participar no

I Encontro de Dinamizadores do Mundo Rural
que tratará sobre
"Fendas, de Luz e de Sombras,
das Intervencións no Mundo Rural"
.


Animámosvos a asistir xa que será unha oportunidade para compartir as experiencias e poder valorar en conxunto o camiño que estamos a percorrer os que cremos na dignidade e no futuro do mundo rural.
O encontro será o

sábado 21 de novembro no Museo Etnográfico da Capela ás 10:30.


Organizadores
:

Universidade Rural do Eume e Universidade Rural Galega.


Obxectivos
:

- Compartir análises feitos por xente que vive e/ou traballa a prol do mundo rural.

- Aportar fachos de luz e ánimo para as nosas actuacións.

- Colaborar na consolidación e visibilidade da Universidade Rural Galega.


Lugar e data
:

Museo Etnográfico da Capela (A Coruña)
21 de novembro de 2009.

Contido
:

10,30
. Apertura e presentación

10,50
. Presentación dos participantes

11,05
Sesión de traballo en Plenario

- Fendas na cultura (motiva Alfonso Blanco Torrado da Asociación Cultural XERMOLOS)

- Fendas no social (motiva Miguel Teixido, Xerente de EUROEUME).

- Fendas na economía (motiva Antonio Fernández Oca).

- Fendas na medio ambiente (motiva Xosé María García Villaverde, Secretario Xeral de VERDEGAIA).

13,15
Resumo e propostas finais

Mentras se están producindo os anteriores debates haberá dúas persoas
recollendo o máis salientable, unha as sombras e outra as luces.
Neste momento expoñen as súas recollidas a modo de conclusións
e o plenario poderá facer algúns breves comentarios.
O resultado esperado sería un pequeno documento publicable.

13,50
Acto de Clausura.

14,05
. Xantar

16,30
Visita ó Museo Etnográfico da Capela.


Aínda que nos gustaría, non podemos convidarvos a comer pero temos buscado un sitio bon e barato. Animamosvos a que xantemos todos e todas xuntos, xa que no entorno máis distendido do xantar seguro que o intercambio de opinións seguirá medrando. Necesitamos que nos confirmedes a asistencia e o número de persoas que viredes ó xantar para poder facer o encargo.
Agradeceríamos que fose
antes do martes 17 de novembro
,
nos teléfonos:
981.102.662 / 672.087.656
ou no correo electrónico:
universidaderuralgalega@gmail.com


Como podedes ver, será unha xornada para compartir, analizar e valorar conxuntamente as nosas intervencións no mundo rural, a través dos nosos proxectos, traballos e en xeral da nosa vida.
Esperamos a vosa asitencia, imprescindible para enriquecer este encontro de experiencias. Recibide un cordial saúdo.
Secundino García Mera.

(Presidente da U.R.G.)

XOVES, 5 de NOVEMBRO ás 8 da TARDE

CRISE ECONÓMICA:
Causas e solucións, cal política fiscal?

DEBATE


• É só unha crise financeira ou tamén crise enerxética,
ambiental e de recursos naturais?

• É Leite Pascual unha vítima desta crise económica
ou só un reaxuste de mercados?

• Se nos din que é unha crise financeira,
por que tanto insistir na reforma do mercado laboral?

• Se hai axudas para a banca,
porque non ao sector primario e a pequena empresa?

• Reducir gasto público mediante redución e privatización de servizos?
É solución? É xusta?

con

-XAVIER VENCE: catedrático de Economía Aplicada na USC (BNG)
-XAQUIN FERNANDEZ LEICEAGA: Portavoz do Grupo Socialista no Parlamento (PSOE)
-pendente de confirmar representante do PP

XOVES, 5 de NOVEMBRO
ás 8 da TARDE
no Instituto “VIRXE DOS OLLOS GRANDES”
modera:
RAMIRO GAYOSO: Director IES “VIRXE DOS OLLOS GRANDES”
ORGANIZA:
ÁGORA ABERTA: ideas, iniciativas e propostas…a tempo.

PRÓXIMA EXPOSICIÓN: 05/11/2009


Lázare. Memorias 1994-2009

Inauguración: xoves, 5 de novembro, ás 20:00 horas,
na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos
(sede da Deputación de Lugo)


Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo)

(Do 5 de novembro ao 30 de decembro de 2009)


Entrada gratuíta


Horario

Luns a venres: De 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 h.

Sábados: 10:30 a 14 h. e 16:30 a 20 h.

Domingos e festivos: de 11 a 14 h.

Edificio da Deputación Provincial de Lugo

R/ San Marcos s/n
Lugo

Contactos: Tfno.: 982 242112 / info@museolugo.org


A ASOC. ESPALLADOIRA CONTINÚA COA CELEBRACIÓN DOS 25 ANOS


CONVITE DA ASOCIACIÓN ESPALLADOIRA
O DOMINGO, DÍA 8 DE NOVEMBRO

A ASOC. ESPALLADOIRA
CONTINÚA COA CELEBRACIÓN DOS 25 ANOS,

POLO QUE A PARTIR DAS 12:00 h. NA FEIRA TERÁ LUGAR UN
MAGOSTO POPULAR.
FESTA – HOMENAXE AOS SOCIOS. ÁS 14:30 h. xantar CON TAL MOTIVO, O SEU PRESIDENTE,
D. MANUEL GORGOSO VARELA,
CONVIDA A AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTROVERDE
A PARTICIPAR NOS ACTOS.

28 octubre, 2009

O primeiro emblema da vila

Simulación da iluminación nocturna da Torre e restos do lenzo da muralla.
(A
utor: Enrique Villarino Pérez, especialista en fotografía)

ALUMAR A TORRE



Por
José Enrique Villarino Valdivielso

da Asociación
"Amigos do Patrimonio de Castroverde"


Non hai moito tempo que nestas páxinas faciamos algunhas propostas para pór en valor a Torre de Castroverde. Quizá nos esquecemos dunha, a máis elemental, a primeira de todas: a de facela ben visible, tanto de día como de parte da noite, sobre todo para os visitantes e aqueles que pasan de longo pola estrada, cara a Lugo ou A Fonsagrada. Facer a Torre e arredores máis visibles durante o día é tarefa bastante difícil xa que é complicado competir co sol e a luz que dél emana. Con todo, realzar na obscuridade un dos monumentos máis emblemáticos que temos non só é posible senón fácil e desexable. A Torre e a súa contorna ben iluminados de noite contribuirá, sen dúbida, a enaltecer e dar á vila unha nova dimensión do que foi o seu pasado histórico e ao mesmo tempo unha invitación ao seu coñecemento e goce. Si ademais diso lévanse a cabo algunhas das medidas que entón propuñamos, pois tanto mellor, xa que para potenciar un uso turístico da Torre, nada mellor que facela ben visible e crear en torno a ela un clima de encanto e atracción.


Si a nosa información é certa, xa que así mo comentou o Sr Alcalde telefonicamente hai algúns anos, cando se instalaron os aeroxeradores que ENDESA RENOVABLES explota na serra do noso concello, esta empresa comprometeuse a correr co gasto orixinado polo consumo da iluminación pública. Por iso, mantemento da iluminación, gratis para a vila e os seus veciños. Queda o custo de instalación dos equipos, para os que non sería difícil conseguir algunha axuda, en parte ou enteira, da nosa Deputación ou a Xunta de Galicia e, ¿por qué non?, da mesma ENDESA.


Como membro e socio pertencente á Asociación "AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTROVERDE", animo a que a nosa Asociación apoie e dinamice esta idea ante os responsables do Concello e as autoridades provinciais e autonómicas para dar un primeiro paso, necesario, para pór en valor a nosa Torre e revitalizar turísticamente a nosa vila. Dotar de iluminación ao noso principal recurso histórico -logo do Camiño Primitivo- non é un gasto, é un investimento necesario.


26 octubre, 2009

O historiador Ricardo Polín queixase dous cortes na ruta polas obras do hospital e dous dános das canteiras

Agresións ao Camiño Primitivo


Autor:

Cristina López
Data de publicación: 22/10/2009

O Camiño Primitivo achega a cuarta parte dos visitantes que Lugo ten a diario. Así as cousas, resulta difícil de entender a pouca eficacia da Administración na protección desta ruta. Quen así o cre é o historiador Ricardo Polín, que na presentación da nova edición de roteiros de Adega, nos que o Camiño Primitivo será un dos eixes centrais, aproveitou para denunciar novamente as continuas agresións que sofre o que é o primeiro Camiño a Compostela.

Entre as críticas vertidas por este historiador figuran as referidas o corte que sufriu ou Camiño por mor da construción da vía de enlace co novo hospital; á estrada que o anterior goberno da Deputación fixo non lugar de Estancón, en Castroverde, que supuxo «unha auténtica desfeita ambiental»; tamén a especulación non barrio do Carme, en Lugo, ou os propios accesos á capital, coa canteira de Bascuas, «unha agresión á contorna».
Polín lamentou o nulo funcionamento da Mesa dos alcaldes do Camiño Primitivo e a pouca consideración que por esta ruta existe en concellos coma o de Baleira, onde as obras que se fan «non pasan polos organismos de Patrimonio», ou o de Guntín, onde sinalou que é precisa unha completa reconstrución deste Camiño. Neste caso tamén se queixou da falta de albergues, o que provoca que os camiñantes se desvíen por exemplo a Sobrado dos Monxes. A estas queixas súmanse as dos propios peregrinos, que din que son poucas as zonas de descanso e os alpendres nos que poder facer un alto non camiño.

Petición a Orozco

Ricardo Polín fíxolle unha petición ao alcalde de Lugo «que o vindeiro ano polo San Froilán o acto simbólico de apertura das portas da Muralla estea dedicado ás vías históricas a Compostela e aos pobos e vilas que están ao outro lado desas portas, porque cada unha delas ten un vencello directo cunha ruta, desde o propio Camiño Primitivo á Vía Romana XIX, pasando polo Camiño Real a Castela». Tamén criticou que non se aproveitase a visita do presidente de Cantabria para avanzar na recuperación dá ruta primitiva nesa comunidade, para continuar a conexión de Lugo con Europa.

I JORNADAS DE ARQUITECTURA Y HERMENÉUTICA

A Delegación de Lugo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia a través da súa Comisión de Cultura ten o pracer de invitalo as

PRIMEIRAS XORNADAS

DE ARQUITECTURA E HERMENEÚTICA.
Lugo, outubro e novembro.

Participaran Teresa Oñate, Uriel Fogué, José Pérez de Lama, Ignacio Pérez-Jofre, Fernando Espuelas, Elena Freire, Izaskun Chinchilla e Ignacio Castro Rey.

Data: Mercores 27 outubro e xoves 5, 12, 19 e 26 de novembro as 19:00

ENTRADA LIBRE
Lugar: Salón de Actos do Colexio de Arquitectos,

r/ Puro Cora Xornalistas (en frente ó parque Rosalía)

1ª jornada: Introducción

miércoles 28 de octubre.19:00.

(Ver máis)

MISCELÁNEA


Para comer…, os de Lugo!

Xa sei que o slogan tradicional, o rexistrado, é: Para comer…, Lugo! Pero a min práceme darlle a volta en honor ao realismo, do que sempre fun devoto: Para comer…, os de Lugo! A maiores, este xoves último tiven ocasión de patentalo asistindo a…, pulpada? (os revisionistas din “polvada”) da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Castroverde. ¡Deus, qué saque; iso si que é patrimonial! Foi no Jorge I, e saco a foto do restaurante e non a dos xubilados pois non me agradan as fotografías incompletas; ¡tantos, que non cabiamos nun cadro, nunha foto!

Non faltou ninguén, Alcalde incluído. O noso fundador, Antonio Valiño Carballedo, estaba remozado; quere dicirse, feito un mozo! Pero…, ¡o pero está en que había máis mulleres que homes! E todas guapísimas, da perruquería, enxoiadas, alfaiadas…; ¡é unha sorte non estar viúvo, pois, con tantas mozas, quen se atreve a escoller! O noso Castroverde é verde, ata niso, así que tódolos vellos son, están, verdes, a cal máis!


¡Deus, qué ben mastigamos, todos…, aínda que fose por obra e graza do dentista respectivo! Comezamos pouco despois das dúas, e ás cinco aínda non chegara o café. O “botellón” veu despois, cerca da noite. Non houbo bendición da mesa, que se deu por feita; ¡cada mesa, súa ara; cada mesa doce escanos, as tribos de Castroverde! O primeiriño que se me veu á mente: ¡Se houbese cheas, polvadas destas, viños destes, naqueles anos dos nosos avós, adeus preitos de augas! ¿Verdade que resulta máis barata unha enchedela amigable, veciñal, que unha “vista” xudicial? E logo está que nos preitos os que se enchían eran os outros!

Aínda que non o pareza, aínda que non o creades, estou facendo historia, escribindo para a Historia. Isto vai durar, como moito, un cuarto de século, pois para o segundo cuarto as mesas serán biplazas…, por extinción da terceira idade! Alí estivemos os de media ducia por casa, por parella, pero a seguinte xeración, ¡e Castroverde non foi unha excepción!, consagrou a teoría do fillo único, co cal esperaban exterminar as partillas dos herdos… ¡Xa, xa: o que exterminaron foi a raza, o poboamento! Entre isto, as parellas de feito, hoxe si pero mañá cada quen que cargue coa súa “separación de bens”, e os fillos que sigan en París, os casais só terán de permanente aquel plantío de eucaliptos que fixemos na horta de tras da casa! (Prégovos que recedes para que non se cumpran estas profecías).


Hoxe en día, a aldea, todas, a feito, están tristes, morriñosas, solitarias, que diso damos fe os patriarcas. Fanse as faenas agrícolas con independencia dos veciños, dacabalo dos tractores, e non das eguas! As viaxes realízanse polo asfalto, e non polas corredoiras; como pouco, a cen, sen mirar polas ventás! As misas, ou por mellor dicir, os fregueses, escasean. As feiras redúcense ao súper, e pouco máis. Así que, de quitado os enterros, poucas ocasións nos quedan para a conversa, para a convivencia, para a relación veciñal; de aí que estas comidas, ¡estas cheas!, dos vellos sexan a mellor das festas, uns acontecementos entrañables, cordiais, gratificantes.


Nas mesas houbo de todo, risos, lembranzas, contos verdes…; ¡claro, éramos de Castroverde! En toda a tarde non se me quitou da mente a lembranza daquelas ruadas de mediados do XX, aquelas cociñas de lareira, aquelas lumieiras con estelas de carballo, ao redor das que se xuntaban os veciños do lugar, ¡entre preito e preito, por suposto!, onde se falaba de todo, ¡de todo, menos de política, pois España só tiña un político, Franco, e suponse que parlamentaría con dona Carme, pois o resto, Vox clamantis in deserto! No ínterim, á marxe das nosas parrafeadas, neste Jorge I unha ducia de camareiros suando a gota gorda, que nin que fosen as espalladoiras da Casa Grande.


Non vos escandalicedes polo que digo, pero isto, esta chea, foi un testamento patrimonial, un exemplo a seguir…, ¡se é que volve o poboamento, a colleita xeracional!

Xosé María Gómez Vilabella

22 octubre, 2009

O venres 23 de outubro presentamos o proxecto Universidade Rural Galega dentro das Xornadas Medioambientais organizadas pola Escola Popular Galega

Estimados/Estimadas socios, socias e grupos interesados na U.R.G.:

Alí estaremos ás 20:30 no Centro Social Revolta en Vigo.


Aquí tedes o programa de ditas Xornadas e adxunto información sobre a Escola Popular Galega.

PROBLEMÁTICAS MEDIOAMBIENTAIS ACTUAIS NA GALIZA

PROGRAMA:

Venres 23-10-09

20:30 Actividade de apertura: Apresentaçom da Universidade Rural Galega no CS Revolta

Sábado 24-10-09

  • 10:30-12:00. Política forestal e incendios forestais na Galiza. Pedro Alonso.
  • 12:30-14:00. A questom energética na Galiza. Xosé Veiras.

Jantar convívio na Cova dos Ratos

  • 16:30-18:00. Insustentabilidade do modelo de gestiom e tratamento de residuos na Galiza. Tino Quintela.
  • 18:00-19:30. Patrimônio natural galego. Margarita Rubido e Diego Vieites.


Sábado 31-10-09

  • 10:30-12:00 Mobilidade, transporte e infraestruturas de transporte. Begoña Carrera.
  • 12:30-14:00 O médio rural e agrario. Lindia Senra.

Jantar convívio na Cova dos Ratos

  • 16:30-18:00 Problemáticas ambientais, económicas e sociais no sector pesqueiro. Santiago Palas.

Sen máis recibide un cordial saúdo.

Paula Ares.

U.R.G.

“XORNADAS DA AUGA” que terán lugar en Abegondo os días 28 e 29 de outubro.


Estas xornadas están organizadas en base a fase preparatoria do proxecto de cooperación interterritorial “RED DE ESPACIOS AMBIENTALMENTE COMPETITIVOS”, no cal participa a Asociación Terras de Lugo, como xa sabedes.


Dentro deste proxecto, cada grupo persegue a finalidade de elaborar ou deseñar estratexias que melloren a participación social en proxectos de mellora de espazos relacionados cos cauces fluviais. Por isto, o obxectivo destas xornadas é o de facilitar, mediante o intercambio de experiencias, a introducción na metodoloxía dos procesos de participación pública para a Xestión dos Planes de Bacía.

Rogámosvos que todos aqueles interesados en asistir nolo comuniquedes antes do venres 23 de outubro. Debido a que as prazas son limitadas, terán preferencia aqueles membros pertencentes a entidades con obxectivos relacionados cos do proxecto ou xornadas. Agardando que esta información sexa do voso interese, recibide un cordial saúdo.

Antonio Ventura Figueroa Paz
Xerente GDR-4 "Asociación Terras de Lugo"
Torre s/n, San Miguel de Orbazai-27297 (Lugo)

20 octubre, 2009

O 17 de Outubro de 2009


BREVE RESUME DO ROTEIRO
DESDE A VÍA XIX - PEREIRA (FURÍS)-FOGONTELLE-VILACOTE-RIOMOL-OUTEIRO DE VELLAS-MIRANDA.



Noutro fermoso día de outubro, sábado, día 17, tivo lugar o roteiro desde Pereira a Miranda. Logo da subida de Pereira e camiño de Fogontelle comenzamos ver todo o val de Riomol con vistas de Pena Branca en Barredo, e linde con Terras de Lugo. Dicir que Fogontelle debe ter algo que ver con fonte, pois, certamente a auga que probaron algúns, seica era ben boa, comentar tamén que en Fogontelle houbo fornos de cal. Toda a baixada ata Vilacote ten, aínda pola súa marxe esquerda arboredo autóctono. Chegamos a Vilacote, “Villa Cotti”, dicir que estivemos con varios veciños, é de agradecer a súa amabilidade, e, é de salientar que, en Riomol aínda hai bastante gandeiría e, chamounos a atención as restras de millo e a leña ben colocadiña. Desde aquí seguimos a camiñar ata a igrexa de Riomol, “Rimol”,
“ Río Mauri”, unha das igrexas con trazas románicas claras. Planta de cruz latina, tres absidas con canzorros e, no seu interior son de salientar a pía bautismal, a súas tallas, especialmente a de San Pedo titular da parroquia, os retábulos e as súas pinturas. Igrexa bastante ben conservada, con problemas de humidades como moitas máis. Dámoslle desde aquí as grazas ao Sr. Cura párroco, D. Jesús que, nos atendeu con toda amabilidade. A seguir baixamos ata a capela de San Roque en Riomol. Capeliña cun pequeno retábulo onde sobresae o Santo que lle dá nome, dicir que esta capela ten aínda un cepo, onde se depositaban as esmolas, das persoas que ían das parroquias limítrofes, camiño de Castroverde.
Desde Riomol, por un fermoso camiño ata Outeiro de Vellas, que pode significar, “sitio alto e antigo, vello”, neste lugar hai unha pequena capela, chamada do Santo Sartego, que seica tivo moita devoción en toda a rodeada, aínda que parece estar adicada a San Salvador. Mágoa non poder vela por dentro, seica se queremos vela, ten que ser cando haxa misa, así pensan os seus donos, mais, mágoa que se hai algo de interese serán as tallas, que o máis probable é que estean a apodrecer, como temos comprobao noutra ocasión. Desde Outeiro de Vellas a Miranda e, este nome, de onde vén?, de “Mirandus”, ou de “sitio elevado”, a verdade e que desde a súa igrexa hai unha fermosa vista.
E para rematar, fomos facer unha visita a Enriqueta, seica a semana pasada houbo unha homenaxe na súa memoria, coincidindo co XX aniversario da súa morte e, soubemos que un centro social de mulleres en Santiago leva o seu nome, vaia a nosa homenaxe, coincidindo co remate do roteiro deste fermoso día de outono.
Saúdos e, Saúde e Terra.
Manolo Muñiz

17 octubre, 2009

La ciudad de Lugo en los siglos XII al XV. Urbanismo y sociedad

PRESENTACIÓN

“La ciudad de Lugo en los siglos XII al XV.

Urbanismo y sociedad"

O pasado día 30 de setembro tivo lugar a presentación da obra do historiador lucense e vicepresidente de Lugo Patrimonio, Adolfo de Abel Vilela “La ciudad de Lugo en los siglos XII al XV. Urbanismo y sociedad”, que se enmarca na serie Galicia Histórica do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Galegos editada pola Fundación Pedro Barrié de la Maza.

O salón Rexo do Círculo das Artes quedouse cativo para acoller o acto ao que asistiron unhas trescentas persoas. Fixo a presentación do acto Javier López Martínez, director xeral da Fundación Pedro Barrié de la Maza, que dixo do libro que se podía comezar a ler por calquera dos capítulos. Tamén intervíu Eduardo Pardo de Guevara e Valdés, director do Instituto Padre Sarmiento, que fixo a presentación do autor e xustificou que se editase en español a serie Galicia Histórica para que teña difusión fóra de Galicia.

A continuación Adolfo de Abel Vilela fixo un retrato da cidade describindo a decadencia que a vida urbana lucense experimentou na Alta Idade Media. Falou dos tres intentos de repoboación e da reactivación da cidade que culmina no século XII con Raimundo de Borgoña e dona Urraca, da actividade económica, da hospitalidade, da vida monástica e relixiosa, da cultura, o lecer e as loitas feudais, rematando cunhas notas sobre o goberno da cidade.

O libro, que se estructura en vinte capítulos, ten 700 páxinas e 297 fotografías, índices xeral, de persoas e de lugares, así como un amplo apartado de bibliografía. O prezo de venda é de 25 €.

Toponimia


Alcumes ou nomeadas

Fixádevos no orgullosa que se sente esta rapaza, esta castroverdense de prol, lucindo unha camiseta co emblema de Montecubeiro, ¡terra de “Puchos”! Isto tamén é patrimonio, loanza e respecto polos nosos valores. ¡Noraboa e grazas, rapaciña, que non todos se deciden a honra-las tradicións do seu país!


“Cada ser vivo levaría o nome que o home lle puxese…”, por concesión e atribución divina, segundo nos informa o Xénese no seu versículo 2, 20. Como vedes, iso de dar nomes ten o seu aquel, por máis que os galegos, e non só os galegos, padezamos certas desviacións, como por exemplo chamarlles Sonia ás Sofías, ou Iván aos Xanciños, ou Leticia ás Ledicias, etcétera.


Servidor estábase saíndo do círculo da toponimia, acaso por puro contaxio (contaxio impuro) xa que imos perdendo, ¿acaso por evaporación mental?, o sagrado respecto que nos merecen estes valores patrimoniais. E concretamente no rural, a néboa das concentracións parcelarias estanos eclipsando a riquísima, a ilustrativa, microtoponimia, que tan cara foi aos nosos entregos xa que lles servía de arquivo para conservar e transmitir oralmente importantes valores históricos locais.


Algo parecido está ocorrendo cos alcuños, salvo se acaso nas necrolóxicas pois en tales comunicacións numerosas familias prefiren da-la nomeada do casal, non sempre ben traducida ou ben soante, con tal de que nos lles falte ningunha firma dos seus coñecidos no libro de honras fúnebres. (Non quero ser mal pensado, pero ata pode haber casos nos que lles importe máis a firma de ritual que un sentido Noso Pai, “…por el mismo y por las obligaciones de esta casa”, como dicían os cregos preconciliares).


A nosa conveciña estaba ben documentada de que os “Puchos” eran de Montecubeiro, porque, “… Non hai quen vaia unha ves / á feira de Castroverde, / que non lle enseñen os puchos, / que este nome é o que teñen / sendo de Montecubeiro / os rapaciños enxebres. / I abofé, que non é nome / que os torule nin rebexe, / porque asina os chaman todos / donde queira que estivesen; / que teñen en Lugo fama / ben ganada, de valentes, / e co pau dunha aguillada / ou cos puños, si se quere, / métense entre os paus sin medo / donde ningún se mete, / i antes deixan o pelexo, / que deixar dous pasos eles. / E como o boi turrión / leva regañado sempre / o coiro, tamén estoutros / sacan a cabeza ás veces / sangrando coma un carneiro, / e póñenlle un trapo mentres / que se cura; diso os chaman / os puchos, en Castroverde…” Non lle preguntei á nosa protagonista se coñecía o depósito na BN, Madrid, desta obra do noso paisano Lois do Cando, “A víspora de San Xoán, en Montecubeiro”, que probablemente si, xa que tan culta é; de todos modos, por se alguén quere ia á fonte limpa, orixinal, esta é: BN, R. 757963. O que non sabía a miña interlocutora, pero iso é secundario, é que aquelas liortas en Castroverde víñannos principalmente das xenreiras coas que os de Montecubeiro acolleron a súa translación de “Couto” na ampliación do Concello de Castroverde. O susodito “trapo”, obviamente, era o seu paniño das mans. ¡A inercia, rapaces, que non é só unha lei física senón, e tamén, unha lei socioeconómica!
Xosé María Gómez Vilabella

11 octubre, 2009

Recollido este post do blogue "Alfaias" de Marcos Calveiro

TEMOS QUE SER FORMIGAS, NON CARRICANTAS

Non sei se son paranoias miñas, mais comezo a ver por todos os recantos síntomas moi preocupantes que indican que o discurso mentirán contra a nosa lingua vai callando lixeiro en moita xente, explícome.

...................
Ver o artigo enteiro



BREVE RESUME DA PARTICIPACIÓN NA MISA CANTADA Á VIRXE DO ROSARIO, QUE TIVO LUGAR NA PARROQUIA DE FURÍS DE CASTROVERDE


Un grupo de cantores de Lugo coa colaboración da Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde participaron na misa cantada que tivo lugar o día 4 de outubro, domingo, ao medio día. A misa foi ofrecida por todos os cofrades da Virxe do Rosario.
Saúdos.
Manolo Muñiz






28 septiembre, 2009

ROTEIRO, SÁBADO, 17 DE OUTUBRO 2009


ROTEIRO DESDE PEREIRA VÍA XIX (FURÍS)- FOGONTELLE – VILACOTE – RIOMOL – OUTEIRO DE VELLAS E ATA MIRANDA (VÍA XIX)
PERCORRIDO DUNS 9 KM.
Dificultade baixa.

Ás 9:30 h. Saída de Castroverde

Ás 10:00 h. En Pereira(Furís)
Visitando: a capela de Vilacote, igrexa de Riomol, capela de Outeiro de Vellas...

Arredor das 14:00 h. Xantar

Agradecemos que nolo comuniquedes antes do día 15 de outubro.
Saúde e Terra.
Manolo Muñiz

CONVITE A PARTICIPAR NA MISA CANTADA Á VIRXE DO ROSARIO, QUE TERÁ LUGAR NA PARROQUIA DE FURÍS - CASTROVERDE


Un grupo de cantores de Lugo
coa colaboración da

Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde
convida a veciños e socios a participar na
Misa Cantada
que terá lugar, o día
4 de outubro, domingo ao medio día.


Saúdos.

Manolo Muñiz

Participación da Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde na Xuntanza da Universidade Rural Galega.



Hoxe, día 26 de setembro, tivo lugar unha reunión da U.R.G., na casa de cultura de Melide para tratar varios temas: Explicación das diversas actividades que se están a desenvolver; - Recollida de saberes. - Participación en diversas feiras dos Camiños de Santiago. - Posibilidades para facer máis visible a U.R.G., participación en blogs, páxinas Web, etc. Actividades a celebrar: - Organizar charlas nas catro provincias. - Celebrar un encontro de animadores do mundo rural, que se fará, con toda a probabilidade, o vindeiro día 21 de novembro, no concello da Capela. Estas foron os prirncipais asuntos que se trataron.
Manolo Muñiz

26 septiembre, 2009

Participació na Revista Oral Pazo das Musas nº 19


Hoxe, xoves, día 24 de setembro tivo lugar a presentación das Actividades que vimos desenvolvendo na Asociación.
Á parte da nosa participación estiveron:
-Celina da Piedade coa música.
-Xiana Arias Rego, no recital de poesía.
-Mª do Rosario Fernández González, cos presentación de Xoias do MPL.
-Laura Pernás coa exposición: Un bosque nas miñas lembranzas.

Saúdos.
Manolo Muñiz


Fotografías do resto de participantes:













A WEB DE BALDOMERO PESTANA: FOTÓGRAFO, PINTOR E DEBUXANTE


24 septiembre, 2009

Coa colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo


III
CERTAME LITERARIO:
TERRAS DE CHAMOSO

BASES:

1. Temática e idioma:
A organización do certame non quere limitar a imaxinación dos autores. A única norma é que a obra se redacte en LINGUA GALEGA.
2. Categorías:
CATEGORÍA INFANTIL (dos 10 aos 14 anos).
CATEGORÍA XUVENIL (dos 14 aos 18 anos).
CATEGORÍA ADULTOS (maiores de 18 anos).
3. Modalidades:
POESÍA (de 30 a 60 versos)
RELATO CURTO (de 3 a 6 folios escritos a dobre espazo).
NOTA: A categoría infantil non ten límite de espazo inferior, pero si superior.
4. Presentación:
Cada participante poderá presentar varios traballos (non premiados noutros certames literarios). Entregaranse mecanografados (non é necesario na categoría infantil) indicando a categoría, modalidade, título e pseudónimo e achegando nun sobre pechado a información persoal: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto. Remitiránse ao seguinte enderezo: A. C. Arumes do Corgo. Antigas escolas do Corgo s/n, 27.163 O Corgo (Lugo).
5. Prazo:
O prazo de entrega rematará o día 27 de novembro de 2009.
6. Premios:
Para cadansúa CATEGORÍA establécense 1º e 2º premio de poesía, e tamén 1º e 2º premio de relato.
Cada premio consiste nunha figuriña de cerámica do país, un lote de libros e o correspondente diploma.
7. Xurado:
Estará composto por membros da Xunta Directiva da Asociación, profesores de lingua galega e por profesionais de recoñecido prestixio do mundo das letras.
8. Entrega de premios:
A cerimonia de entrega de premios realizarase o sábado, día 26 de decembro de 2009 no centro sociocultural do concello do Corgo acompañada de actuacións e de varias sorpresas.
9. Non premiados:
Os traballos non premiados e as súas correspondentes plicas serán destruídas no prazo dun mes despois do fallo, se os/as autores/as non o solicitan.
10. Outros:
A presentación ao premio supón a conformidade coas presentes bases por parte dos/as concursantes. A Asociación Cultural Arumes resérvase todos os dereitos de publicación das obras premiadas (en papel, CD ou mediante internet).

Para calquera dúbida relacionada co certame literario chamar ao número de teléfono: 626739390.

20 septiembre, 2009

XUNTANZA DA U.R.G.

Estimados/Estimadas socias e socios da U.R.G.:
Dende a Universidade Rural Galega queremos informarvos de que a vindeira xuntanza celebrarase o sábado 26 de Setembro na Casa da Cultura de Melide ás 11:00 da mañá.

A Orde do Día será:

1.- Acollida e presentación.
2.- Explicación da orde do día.
3.- Explicación das actividades feitas.
4.- Accións futuras da U.R.G.
A) Fin do proxecto con o Xacobeo.
B) Situación económica.
B.1) Informe económico actual.
B.2) Economía. Perspectivas de futuro.
C) Perspectivas institucionais.
5.- Rogos e preguntas.

Sen máis e esperando a vosa participación, recibide un cordial saúdo.

Secundino García Mera
(Presidente da Universidade Rural Galega)

19 septiembre, 2009

16-17 Outubro. Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo
















II Xornadas de Literatura de Tradición Oral

O mito que fascina: do lobo ao lobishome
Pulsar sobre as imaxes para agrandar

O PAZO DAS MUSAS: REVISTA ORAL Nº 19

Xoves, 24 de Setembro. 20:00 h. Museo Provincial de Lugo

15 septiembre, 2009

O sábado 12/09/09


BREVE RESUME NA PARTICIPACIÓN DA XXXII ROMAXE DE CRENTES GALEGOS EN AGUIÑO,
da Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde.


Nun fermoso día deste mes de setembro, sábado, día 12, tivo lugar o encontro dos Irimegos, na XXXII Romaxe de Crentes galegos. Os actos tiveron lugar na punta do Couso na parroquia de Aguiño, no Concello de Riveira.
Dicir que participamos unhas vinte persoas de Castroverde convocadas pola Asociación Amigos do Patrimonio.
Os actos comenzaron arredor das 12:00 h., mais ás 10:30 h. fomos recibidos cun convite de mexillóns e viño por parte da organización, a quen lles agradecemos, desde aquí, o recibimento co que nos agasallaron.
A celebración Irimega que tiña este ano por lema “ Un mar de grazas”, consistiu nunha celebración reivindicativa da nosa lingua, do noso agro, do noso mar, da igualdade, da xustiza, etc. O acto comenzou co rito da auga, cada un das comarcas, dos grupos que participaron verteron auga nunha sella, que traian das súas repectivas fontes. Non houbo misa ao xeito tradicional, porque seica as autoridades eclesiásticas non lles gusta este tipo de celebracións, a celebración de estar cos máis humildes e desfavorecidos. A celebración estivo acompañada polo grugo de A Quenlla e por un grupo de gaiteiros da localidade de Palmeira.

Dicir que na celebración houbo lembranzas para D. Paco (Francisco Lorenzo Mariño), o Sr. cura de Aguiño e outros impulsores e dinamizadores desta Romaxe. Tamén se celebraban os cincuenta anos da parroquia de Aguiño.

Logo do xantar seguiu a festa co grupo de gaiteiros e a Quenlla. E arredor das 18:00 h. houbo un acto na igrexa de Aguiño, onde a comunidade do Cristo da Victoria fixo unha celebración que tivo tres partes. Una primeira de conexión coa celebración da mañá: “ Un mar de grazas” Unha segunda parte de celebración e afirmación da nosa identidade galega sempre unida á natureza que nos rodea. E unha terceira de afirmación da fe en Xesús e noutro mundo posible fronte aos atrancos que xa veñen ou poidan vir.
Con este acto rematou esta XXXII romaxe.
Para o vindeiro ano será en Monterroso e, a Asociació Amigos do Patrimonio de Castroverde, propuxólle á Xunta Directiva dos Irimegos a posiblidade de facer en vindeiros anos a celebración en Castroverde.

Saúdos e, Saúde e Terra.

Manolo Muñiz